JOSÉ LUIS GONZÁLEZ (IN MEMORIAM)

JOSÉ LUIS GONZÁLEZ, DIRECTOR DA SEMANA DE CINE SUBMARINO UNIVERSIDADE DE VIGO

Despedímonos inesperadamente do noso querido director e fundador da Semana de Cine Submarino Universidade de Vigo, José Luis González. Un amargo adeus que apraza ilusións e proxectos, e provoca un sonoro baleiro no espazo persoal.

Querémonos lembrar da paixón coa que José Luis vivía o mar, a fotografía e a divulgación da riqueza ambiental das nosas rías. Unha enerxía que alimentou dende os inicios esta nosa Semana de Cine Submarino e tamén a creación dun espectacular arquivo de fotografía subacuática internacionalmente recoñecido.

E, SOBRE TODO, QUEREMOS AGRADECERCHE A TÚA CALIDADE HUMANA, ENTREGA E TODO O TRABALLO COMPARTIDO…

ATA SEMPRE COMPAÑEIRO!!…VÉMONOS NO AZUL !!!!

As nosas máis sentidas condolencias para a súa familia, amizades e compañeiros/as.

Premios e galardóns de fotografía de José Luis González (Selección)

Campión Galego de Fotografía Submarina de 1987 ao 2000.
Subcampión de España de Fotografía Submarina en 1988, 1992 e 2000.
Campión de España de Fotografía Submarina en 1993 e 1997.
Subcampión do Mundo no V Campeonato do Mundo de Fotografía Submarina (Isla de Cheju-Corea) 1994.
Campión do Mundo por Equipos no VII Campeonato do Mundo de Fotografía Submarina (Alesund-Noruega) 1998.
Campión do Mundo no IX Campionato do Mundo de Fotografía Submarina
(Marsella-Francia) 2002.

Medalla de Ouro da Federación Galega de Actividades Subacuáticas (F.EG.A.S.) 1991.
Medalla de Ouro de C.M.A.S. 50 xuices. (Chipre) 1993.
Medalla de Ouro ao mérito deportivo Federación Española de Actividades Subacuáticas (F.E.D.A.S.) 2002.
Real Orden del Mérito deportivo, medalla de Bronce Consejo Superior de Deportes 2002.
Premio Galicia de Fotografía Submarina (Xunta de Galicia) 1988 e 1989.

Concurso Internacional Nikon N.P.C.I. (Japón) 1990-1991-1997.
Seventh International Photographic Art Exhibition Beijing (China) 1995.
Concurso Fotográfico National Geographic 1995.
BBC Wildlife Photographer of the Year – The Natural History Museum 1999-2000 e 2001.

CARTAZ_Cine_Submarino_mergulladora.indd
31. XXXI Semana de Cine Submarino de Vigo. Universidade de Vigo.